As Nosas Cores

Rememorando a viaxe do clube por Europa

Presentámosvos a primeira equipación do RC Deportivo para a tempada 2025-26. É un deseño que nos conecta coas noites máis memorables do Club en Europa e coa nosa cidade, A Coruña, a través da Rosa dos Ventos, un símbolo de orgullo, viaxe e historia.

A camiseta recupera o icónico deseño en forma de ‘T’ dos anos 90, lembrando a época do SúperDépor e os primeiros pasos do Club en competicións europeas. As franxas azuis inclúen un mosaico inspirado na escultura da Rosa dos Ventos, mentres que os detalles dourados reflicten a grandeza e ambición do Club.

Esta tempada presentamos tamén o cortometraxe “A Europa do Dépor”, que segue a dous afeccionados de xeracións distintas, pai e fillo, revivindo aquelas noites que fixeron brillar Riazor e colocaron ao Dépor na élite do fútbol europeo.

A primeira equipación 2025-26 combina modernidade e identidade, e é un homenaxe ao noso legado, un vínculo que une aos deportivistas de onte, de hoxe e de mañá.

A primeira

Inspirado directamente na tempada 1995-96, cando levantamos a nosa primeira Supercopa de España e estivemos a un paso da final da Recopa de Europa fronte ao PSG.

Aquela tempada quedou gravada na memoria de toda a nosa afección, e agora revivímola cunha camiseta que tamén conecta con xestas máis recentes, como o triunfo do noso Xuvenil na Copa de Campións 2020-21, que este ano cumpre cinco anos.

A SEGUNDA

Contemporáneo pero con alma histórica, inspírase na nosa segunda equipación da tempada 2000/01. A Rosa dos Ventos, obra do artista coruñés Tono Correa Corredoira, volve ser o noso eixo central. Como na primeira equipación, o símbolo aparece de forma sutil pero poderosa, reforzando o vínculo entre cidade, club e afección. Na parte baixa da camiseta, un mosaico de tons intensos lembra a técnica artesanal coa que se elaborou a emblemática estrela de oito puntas ao pé da Torre de Hércules.

A TERCEIRA

O que fai única esta camiseta é a homenaxe visual ás nacións celtas: a nosa vieira de Galicia, a caveira de Tarsis, o trébol de Irlanda, o cardo de Escocia, o trisquel da Illa de Man, o dragón de Gales, o cáliz de Cornualles e o armiño de Bretaña. Todos eles están integrados no deseño, acompañando á Rosa dos Ventos como un mapa simbólico dunha identidade compartida. O resultado é unha peza que non só se viste, senón que conta unha historia de pertenza, conexión atlántica e orgullo cultural.